Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Conxunto relixioso de Marrubio

Igrexas/Capelas Outro patrimonio histórico

O conxunto está formado por unha pequena capela dedicada a San Xoán, o cruceiro e dous petos de ánimas que só conservan as fornelas.

A Capela construíuse baixo a advocación de San Xoán, aínda que se venera a San Antonio, que se celebra o 13 de xuño. A capela é moi austera. Ten planta rectangular, cuberta a dúas augas e un pequeno atrio de acceso. Está rodeada dun muro de mampostería cunha entrada á fronte. Destaca a súa espadana sen campá, dun só van con arco de medio punto e rematada cunha cruz realizada en pedra.

O Cruceiro é un exemplar curioso en Galicia xa que conserva a policromía, quizais pola estrutura que o protexe. Foi realizado en 1778. Aparece a figura de Cristo baixo a atenta mirada de San Antón aos seus pés que o sostén pola cintura. Baixo os pés de Cristo, unha caveira e dúas tibias. No reverso está representada a Virxe María. Na base hai varias figuras: escaleira, cravos e tenaces. Representa a baixada da cruz do corpo de Xesucristo.

O Cruceiro está protexido por un baldaquino. A ámbolos dous lados da porta de entrada, sobre o muro que o rodea, están colocadas dúas fornelas que pertenceron a cadanseus petos de ánimas, que eran petos a disposición dos crentes onde depositar as esmolas para conseguir purgar máis rápido os pecados.

Conjunto Religioso de Marrubio

Información e contacto

Enderezo

Montederramo

Ourense

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar