Audioguía
Galería
Cruceiro de Forcas
Este cruceiro datado no 1766 segundo a inscrición que podemos ver no seu pé, ten unha decoración moi profusa; no fuste vemos os símbolos asociados a crucifixión, como o martelo e as tenaces, a escaleira ou a man de Caifás. O capitel está adornado cunha serpe e rostros de anxos, mentres que na cruz, por un lado pódese ver a virxe coas mans cruzadas no peito sobre a cabeza dun demo, mentres que polo outro lado vemos a Cristo crucificado acompañado doutra persoa.
Cruceiro de Forcás
Información e contacto
Forcas
Parada de Sil
Ourense