Audioguía


Galería
Encoro de Belesar

Inaugurado no 1963 foi o máis grande de España na súa época con 500 metros de lonxitude e 129 metros de altura. Foron necesarios 2500 traballadores durante 5 anos en quendas de día e noite e 735.000 metros cúbicos de formigón para completar esta xigantesca obra.
Forma unha cola de 50 quilómetros, almacena 655 hectómetros cúbicos de auga e ocupa unhas 1900 hectáreas. A súa construción obligou ao traslado de Portomarín a unha cota superior, desmontando pedra por pedra os principais edificios como a Igrexa de San Xoán ou San Nicolao.
A construción, non exenta de polémica, supuxo grandes cambios no modo de vida, paisaxe e incluso climatoloxía da zona.
Encoro de Belesar
Información e contacto

Encoro de Belesar
Chantada
Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade



