
Galería
Feira de Artesanía Outrora (Bóveda)

Os artesáns e artesás reivindican a importancia dos seus oficios, mostrando as técnicas ancestrais coas que realizan os seus produtos.
En Rubián (Bóveda), todos os 14 de xullo, ponse en valor a importancia dos diferentes oficios tradicionais que perduran en activo, como os canteiros, oleiros, ferreiros, zoqueiros ou torneiros, entre outros.
Na programación deste evento é habitual atoparnos demostracións en vivo de todos estes oficios, obradoiros infantís, música e tamén gastronomía, facendo incapié na tradición gandeira desta zona e as súas carnes de excelente calidade.
Data: 14 de xullo
Feira de Artesanía Outrora (Bóveda)
Ver máis...
Información e contacto

Rubián
Bóveda
27350 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

