Galería
Galería

Fervenza de Portizó

Espazos naturais

A través dun sendeiro circular de 1,7 km descubriremos un dos tesouros que agocha o concello de Sober, a Fervenza de Portizó. 

A ruta circular que conduce ata a fervenza parte do pobo de Portizó e ten unha lonxitude de 1,7 km, cun desnivel de 90m.

Se facemos o percorrido en sentido horario, o sendeiro segue un antigo camiño que descende entre bancais, que noutros tempos foron cultivados e hoxe en día están cubertos por un bosque de ribeira formado por amieiros e carballos. Poderemos achegarnos á fervenza e pasaremos xunto ao viaduto de Portizó, unha pequena canle que cruzaba o río e permitía regar durante os meses máis secos. 

No camiño de volta, a paisaxe cambia por completo e transita entre pistas e camiños rodeados de viñedos. A través de sendas entre as viñas, poderemos achegarnos de novo á fervenza antes de regresar a Portizó. 

Fervenza de Portizó

Información e contacto

Enderezo

Portizó

Sober

27466 Lugo

Cómo chegar Cómo chegar