Galería
Galería

Fervenza do Fócaro

Espazos naturais

Nas montañas do Courel, a máis de 1.000 metros de altitude e moi preto do  icónico pobo da Seara, poderemos atoparnos este precioso salto de auga.

Merece a pena a súa observación en tempada invernal, xa que cando vai moito moito frío transfórmase en xeo, ofrecendo un espectáculo único.


Para chegar a esta fervenza é preciso camiñar (o acceso non é apto para sendeiristas principiantes). Deberemos dirixirnos ao inicio da ruta de sendeirismo PR-G 184 Ruta da Lagoa de Lucenza e camiñar polo sendeiro aproximadamente 600 metros ata chegar á fervenza. PRECAUCIÓN no inverno e épocas de choiva. Recoméndase consultar o estado dos accesos co Concello de Quiroga (982 42 80 01) ou coa Oficina de Turismo de Quiroga (982 435 125).

Fervenza de Fócaro

Información e contacto

Enderezo

A Seara

Quiroga

Lugo

Cómo chegar Cómo chegar