Folión das Fachas de Vilelos
Unha tradición Castrexa cun gran interese cultural por tratarse de un dos poucos sitios de Galicia onde se conserva o folión “de véspera” como tal, para anunciar que van dar comezo as festas parroquiais.
A preparación comeza nos meses de verán no momento de recollida dos agucios, unhas plantas que nacen na primavera e recóllense cando están ben secos, alá polo mes de agosto. Despois de varios días á captura destes, comeza a elaboración das fachas (fachos), as encargadas de amenizar a festa. Faranse o máis grandes posible, debido a que elas decidirán cando finaliza a festa; mentres haxa lume haberá festa (polo menos así era cando non existía a luz eléctrica).
A festividade en si comeza coa procesión das fachas máis pequenas, encargadas de iluminar o camiño cara ao Castro da Besta, desde o cal se avisa a todas as parroquias próximas de que o lugar estará de festa. Segundo contan os nosos antigos, a procesión das fachas facíase, nalgunha época, como ofrenda aos deuses para agracederlles as boas colleitas.
Data: último venres de setembro
Folión das Fachas de Vilelos
Información e contacto
Vilelos
O Saviñao
27547 Lugo