

Igrexa e cruceiro de Vilar de Ordelles

Templo e cruceiro de estilo barroco serodio construídos cara o 1830, o templo é de nave única duns seis metros de altura, con presbiterio mais alto que a nave, con cuberta a catro augas e pináculos nas esquinas e no cumio, sendo na nave a dúas augas.
A porta é alintelada con ventá rectangular sobre a mesma, cara o coro. Frontón con molduras laterais e remates con pináculos nos laterais. A fachada remátase con espadana de dobre corpo, o primeiro con dobre arco, onde se sitúan as campás, o segundo dun arco, con pináculos laterais, e no cume pináculos laterais e cruz de ferro no centro.
Ten esculturas de certo interese cultural nos retablos do interior.
O cruceiro érguese sobre unha plataforma de dous chanzos, sobre a que se sitúa a base cadrada tripartita. O fuste é de sección circular con fendas ou acanaladuras lonxitudinais, capitel corintio clásico con decoración vexetal e volutas.
Na cruz atopamos esculturas, no reverso dunha Virxe e un Cristo crucificado no anverso. E o cruceiro mais traballado do concello, e tamén o mais erosionado, atopase nun cruzamento de camiños ao carón da Virxe da Roca.
Igrexa e cruceiro de Vilar de Ordelles
Información e contacto

Vilar de Ordelles
Esgos
32720 Ourense
Equipamento e servizos

Accesibilidade

