Audioguía


Galería
Igrexa de San Lourenzo de Fión

Da obra románica conservanse a ábsida e dous tramos do primeiro terzo do século XII, a cabeceira é semicircular e ofrece ao exterior tres fragmentos divididos por columnas adosadas. No interior ten tres retablos barrocos e pinturas murais do século XVI con temas do Xuízo Final e o martirio de San Lourenzo.
O edificio que vemos data das reformas do século XVIII na que se adaptou ao estilo barroco rural galego, coa súa porta alintelada, óculo, espadana de dous vanos e pináculos. Ten unha nave de planta rectangular, muros de perpiaño granítico en fileiras horizontais e cuberta a dúas augas. Destacan os canzorros como elementos ornamentais. Sancristía adosada a un dos laterais da nave.