Audioguía


Galería
Igrexa de San Pedro de Canaval

A primeira data da que se ten constancia da súa existencia é no 1115, data na cal Munio Romariz dona a igrexa ao mosteiro de San Pedro de Valverde. Mais tarde vencéllase á Orde do Temple, ata que esta desaparece e pasa á Casa de Lemos.
O edificio, de planta rectangular, con ábsida tamén rectangular e sancristía pegada pola cara norte, foi restaurado no século XVIII. Da anterior igrexa románica quedan algúns restos, tanto no interior como na fachada principal, conservando íntegra a fachada occidental cunha interesante portada.
Esta portada ten duas arquivoltas semicirculares de aresta viva, rodeadas de cabezas de cravo, que descansan sobre columnas acodilladas nas xambas, dúas por lado, presentando tamén un tímpano liso.