Audioguía


Galería
Igrexa de San Pedro de Portomarín

A Igrexa de San Pedro data do século X, aínda que consagrada no 1182 polo bispo de Lugo Rodrigo II, segundo a inscrición que figura na portada do templo.
É de orixe románica, declarada Monumento Histórico Artístico, a súa fachada foi trasladada pedra a pedra dende o antigo Portomarín cando as augas do encoro de Belesar asolagaron a vila.
Construída en perpiaño, conserva do estilo románico a súa portada, formada por arcos de medio punto con arquivoltas cubertas de motivos xeométricos. O tímpano sostido por batentes con forma de cabeza de touro ornaméntase con dous semicírculos estrelados.
No interior contén un sepulcro de pedra do Marqués de Bóveda, e destaca a fermosura do retablo do século XVI.
Iglesia de San Pedro de Portomarín
Información e contacto

Travesía Circunvalación
Portomarín
Lugo
Equipamento e servizos



Accesibilidade

