

Igrexa de Santa María de Temes

Esta igrexa orixinaria do século XVIII e que presenta reformas importantes na fachada do século XX, máis que unha igrexa parroquial é un complexo histórico-arqueolóxico na que existen restos de tres etapas históricas: prerromana e romana, paleocristián e cristián-visigoda.
Da época prerromana-romana destaca unha ara romana dedicada aos “Lares Viales", deidades romanas protectoras dos viaxeiros e dos camiños.
Da época paleocristiá existen dúas pezas de gran relevancia. En primeiro lugar a tapa dun sarcófago realizada en mármore nun taller romano entre os anos 315 e 325 e que mostra as escenas bíblicas da Adoración dos Reis, o pecado de Adán e Eva e o Ciclo de Xonás. Esta peza encontrase incrustada sobre o arco triunfal da igrexa.
O outro elemento extraordinario é unha pedra de granito encaixada na parte alta e norte do presbiterio, cunha inscrición que di FIDES SPES CARITAS (fe, esperanza, caridade). Esta pedra considerase nada menos que o primeiro documento cristián escrito en Galicia.
Da etapa cristián visigótica consérvase un modillón e unha pedra encaixada no muro norte da nave cunha inscrición que significa "A consagración do templo foi dous días antes das kalendas de Decembro (29 de novembro), na era 843 (ano 805)”.
Non o perdas!
Cerca de esta iglesia se encuentra la unión de los ríos Miño, Sil y Búbal, en el pueblo de Os Peares, cuya visita es muy recomendable. Desde aquí sale una ruta de senderismo, la PR-G 179 Ruta do Río Miño, que nos llevará hasta el interesante castillo de A Peroxa.
Igrexa de Santa María de Temes
Información e contacto

LU-P-1004, 6
Carballedo
27528 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

