

Igrexa de Santo Estevo de Atán

Eirexas de Atán, San Fiz, Pombeiro, Eiré:
¡vós sodes un milagre erguido pola fe!.
-E ollades sempre o infinito.
Manuel María
Situada na beira esquerda do río Miño, a historia deste lugar relaciónase coa repoboación do bispo Odoario no século VIII e cun enclave monástico.
Foi construída a principios do século XIII , aínda que, estudos arqueolóxicos realizados a finais do século XX refírense a diversas construcións que foron a base da igrexa actual. Os restos de pedras caladas prerrománicas conservadas e actualmente colocadas na torre-campanario, son indicio dunha edificación anterior.
Amosa unha única nave rectangular con cuberta de madeira a dobre vertente e cabeceira tamén rectangular.
Conserva unha importante decoración escultórica en canzorros e capiteis, e tamén moitas marcas de canteiro. Os elementos decorativos das portas norte e oeste, comúns a outras igrexas da Ribeira Sacra, están relacionados coa tradición do mestre Mateo.
No interior consérvanse pinturas murais dos séculos XV e XVI.
Foi declarada monumento nacional no ano 1975.
Podes facer unha visita virtual en 360º premendo eiquí.
Santo Estevo de Atán
Información e contacto

Praza do Concello, s/n
Pantón
27430 Lugo

Equipamento e servizos

Accesibilidade

