Audioguía


Galería
Igrexa de Taboada dos Freires

A igrexa de Taboada dos Freires data do século XII e sobre ela leváronse a cabo importantes reformas no ano 27 do século pasado. Da obra orixinal consérvanse a portada principal, unha fiestra na cabeceira da ábsida e algúns canzorros da nave.
Esta igrexa, de planta rectangular, ten muros de perpiaño e un tellado con cuberta de tella a dúas augas. No seu interior ten un arco triunfal de medio punto en costa. O muro da cabeceira da ábsida ten unha fiestra con arquivolta de baquetón e columnas acodilladas de tímpano con cruz inscrita.
O elemento máis importante é o tímpano, onde se amosa unha imaxe coa escena bíblica de Sansón estrangulando a un león.
Igrexa de Taboada dos Freires
Información e contacto

Taboada dos Freires
Taboada
27555 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

