Servizo de lanzadeiras Semana Santa 2026

O Consorcio de Turismo retoma en Semana Santa 2026 o servizo de transporte en autobús lanzadeira aos principais recursos do destino, como medida para evitar posibles problemas de aparcamento así como facilitar o acceso a embarcadoiros e mosteiros con elevada afluencia de visitantes.

Ribeira Sacra, 27 de marzo de 2026

Os servizos xestionados polo Consorcio de Turismo serán gratuítos e funcionarán entre o 1 e o 5 de abril de 2026 (mércores a domingo), co obxectivo de reducir a circulación e aparcamento de coches nestes puntos nunhas datas cunha importante afluencia de turistas.A lanzadeira ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil funcionará tamén o 28 e de marzo.

Aconséllase a reserva previa de praza para garantir dispoñibilidade. As reservas de praza péchanse unha hora antes de cada saída.

 

LANZADEIRA MONFORTE DE LEMOS - DOADE - EMBARCADOIRO PONTE DO SIL 
Punto de saída: Parque dos Condes (Monforte de Lemos) AO FONDO DO APARCAMENTO - ZONA AUTOBUSES
Parada intermedia: Doade (Sober).

IDA (Monforte de Lemos - Doade - Ponte do Sil):
- Saídas dende Monforte de Lemos: 10:00, 10:30, 12:00, 15:00, 15:30, 17:10.
- PARADAS intermedias en Doade (pobo): 10:20, 10:50, 12:20, 15:20, 15:50, 17:30.
- Chegadas a Ponte do Sil: 10:30, 11:00, 12:30, 15:30, 16:00, 17:40.

VOLTA (Ponte do Sil - Doade - Monforte de Lemos):
- Saídas dende embarcadoiro Ponte do Sil: 11:00, 13:10, 13:40, 14:45, 18:10, 18:40, 19:40.
- PARADAS intermedias en Doade: 11:10, 13:20, 13:50, 14:55, 18:20, 18:50, 19:50.
- Chegadas a Monforte de Lemos: 11:30, 13:40, 14:10, 15:15, 18:40, 19:10, 20:10.

 

LANZADEIRA CASTRO CALDELAS - ABELEDA - EMBARCADOIRO ABELEDA
Punto de saída:
Praza do Prado (Castro Caldelas)
Parada intermedia: Abeleda pueblo (A Teixeira)

IDA (Castro Caldelas - Abeleda - Embarcadoiro Abeleda):
- Saídas dende Castro Caldelas: 10:25, 12:25, 15:30, 17:25, 18:30.
- PARADAS intermedias en Abeleda (pobo): 10:40, 12:40, 15:45, 17:40, 18:45.
- Chegadas a embarcadoiro Abeleda: 10:45, 12:45, 15:50, 17:45, 18:50.

VOLTA (Embarcadoiro Abeleda - Abeleda - Castro Caldelas):
- Saídas embarcadoiro Abeleda: 10:50, 12:45, 14:35, 16:00, 18:10, 19:40.
- PARADAS intermedias en Abeleda (pobo): 10:55, 12:50, 14:40, 16:05, 18:15, 19:45.
- Chegadas a Castro Caldelas: 11:10, 13:05, 14:55, 16:20, 18:30, 20:00.

LANZADEIRA MOSTEIRO DE SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL 
                      (SEN RESERVA PREVIA)
Punto de saída: 
Aparcamento Santo Estevo (Nogueira de Ramuín)

De 11:00 a 14:30 e de 15:45 a 20:00 horas. 
DATAS: 28 e 29 de marzo e do 1 ao 5 de abril.


--

LANZADEIRA MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL 
Punto de saída: Concello de Parada de Sil          

IDA (Parada de Sil - Mosteiro Santa Cristina): 10:30, 11:15, 12:00, 12:45, 16:15, 17:00, 17:45, 18:30.
VOLTA (Mosteiro Santa Cristina - Parada de Sil): 10:50, 11:35, 12:20, 13:30, 16:35, 17:20, 18:05, 19:15.
DATAS: 2 al 5 de abril 2026

Duración aproximada traxecto: 10 minutos
Custe: 3€, incluíndo a entrada ao mosteiro


Servizo xestionado polo Concello de Parada de Sil.

 

Os servizos de lanzadeiras (agás Santa Cristina) están financianciados con cargo ao Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra en materia de mobilidade turística.

RESERVA DE PRAZAS