
Manzaneda Estación de Montaña
Manzaneda é unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva. Ten diversas actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano, xa que non só ten pistas de esquí, senón que tamén dispón de: bike park, campos de fútbol de herba, pistas de tenis, hípica, piscina climatizada, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto para varias actividades que inclúe ximnasio.
Tamén se poden practicar deportes como: sendeirismo, montañismo, escalada, tiro con arco, golf en campo rústico, xogos tradicionais, parque de aventura, slackline ou orientación…
A contorna e o bosque, de 2.000 hectáreas de extensión e cunha altitude de 1.800 metros, dotan á estación de montaña dun marco incomparable, completado con instalacións turísticas e de hostelería.
Tamén se celebran distintos campionatos e eventos como o Campionato Nacional de Bandas de Gaitas ou a Festa da Bica.
Manzaneda Estación de Montaña
Información e contacto

Cabeza de Manzaneda
A Pobra de Trives
Ourense