Despois de todo, mereces un respiro

Mereces un respiro é o novo portal web onde poderás atopar máis de 40 experiencias en Ribeira Sacra, creadas con moito agarimo e coidado para adaptarse a esta nova situación. 

As propostas clasifícanse en 5 temáticas, en función da tipoloxía de servizos e actividades que conteñen. Hainas relacionadas coas exploración dos recursos patrimoniais do territorio, outras de interacción coa paisaxe a través do deporte, tamén do coidado persoal en espazos únicos, e, por suposto, vencelladas á oferta gastronómica do xeodestino.

Merecesunrespiro.com está preparada para realizar búsquedas por temática, duración, perfil do público ou periodicidade da actividade. 

Estrearemos o portal con máis de 40 experiencias, que seguiremos ampliando co paso dos días, así que non perdas detalle! :)

Máis información en https://merecesunrespiro.com/gl/

 

Un adianto de Mereces un Respiro na nosa canle de Youtube (pica no botón)