Galería
Galería

Miliarios romanos da Vía Nova

Outro patrimonio histórico

Un miliario é unha columna normalmente cilíndrica que se colocaba no borde das calzadas romanas para sinalar unha distancia de mil passus (os pasos dobles romanos), ou o que é o mesmo, unha milla romana, equivalente a unha distancia de aproximadamente 1.481 metros.

Na parroquia de Santa María Madanela de Cerdeira conservanse nada menos que catro, que orixinalmente se atopaban no Alto de Cerdeira (en plena Vía Nova, ou a vía XVIII do Itinerario de Antonino) e en época recente foron trasladados a área de descanso das Guístolas, na estrada entre A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

Estes monolitos recordannos o paso por estas terras dunha calzada romana de moitos séculos de antigüidade. Tres deles teñen inscricións gravadas, pero ningún dos catro indica cantas millas habería ata os seguintes, polo que se considera que servían soamente para alimentar o ego dos emperadores romanos.

O miliario de Constancio Cloro
O chamado miliario de Constancio Cloro mide 1,40 metros de alto e o seu diámetro é de 40 centímetros. A súa inscrición, prácticamente ilexible na actualidade, poñería o siguiente:  "IMP(eratori) CAE(sari) / FLAV(i)O VA / LERIO CON / STANTIO / IN(victo) AVG(usto) P(io) / P(atri) P(atriae)" (Entre paréntesis a reconstrución das abreviaturas).

A inscrición quere dicir aproximadamente “Emperador e César/ Flavio Valerio Constancio Cloro/Invicto Augusto Piadoso/ Pai da Patria”. Estes títulos de Emperador, Augusto e César, indican que este miliario sería construído entre o ano 305 e 306.

O miliario de Carino
Presenta o miliario de Carino unha altura de 1,50 metros e un diámetro de 55 centímetros. A súa inscrición dí: "(imperatori caesari) / M(arco) AVRELIO / CARIO I(nvicto) P(rincipi) P(atri) / P(atriae) P(ro)CONSVLI / CON / SVLI " .

A primeira liña non existe hoxe en día, crese que foi eliminada para adaptar o miliario como columna, pero estimase que poñería "imperatori caesari", pois Marco Aurelio Carino foi César entre 283 e 285. Entón na inscrición leeríamos: “Emperador e César/ Marco Aurelio/ Carino Invicto  Pai/ da Patria”.

O miliario de Juliano
O miliario dedicado a Juliano mide 2,20 metros de alto e o seu diámetro é de 60 centímetros. A súa inscrición: "D(omino) N(ostro) / CLAVDIO IVLIANO / SEM(per) / AVG(usto)", o que quere dicir aproximadamente: “Invicto o noso/ Claudio Juliano/ sempre Augusto”.

Este miliario data entre os años 361 e 363, cando Juliano foi emperador romano de Occidente co título de Augusto.

O miliario sin inscrición
O cuarto miliario de Cerdeira non ten ningunha inscrición gravada. Mide 1,60 metros de alto e presenta un oco na parte inferior, o que fai pensar que formaría parte de outro. Pola súa forma regular, parece indicar que é tardío.

Miliarios romanos de la Vía Nova

Información e contacto

Enderezo

Área Recreativa das Guístolas

San Xoán de Río

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar