
Miradoiro Campo do Eirado

A máis de 1.166 m de altitude sitúase un orixinal miradoiro pensado para as familias, tres cadeiras xigantes que lembran o conto de "Ricitos de Ouro", permitíndonos contemplar a Ribeira Sacra Interior.
De España a Portugal, deténdonos no mítico "Penedo dá Raiña Loba" ou da Sierra do Leboreiro á Sierra da Martiñá, sobrevoando a cidade das Burgas. Este miradoiro xigante axúdanos a mirar máis aló do que nos mostran os ollos.
O miradoiro atópase no trazado da ruta de sendeirismo (non homologada) "Porta do Canón do Sil"
ACCESO AO MIRADOIRO (en coche): desde a estrada que une Xunqueira de Espadanedo con Parada de Sil ( OU-0604), ao chegar ao alto que separa os dous Concellos, seguimos pola pista do Parque eólico que sae á esquerda ata chegar ao inicio da ruta. Alí hai un sinal indicador cara ao miradoiro. Polo camiño pásase tamén por unha Neveira que está situada á dereita entre un bosque de bidueiros e acivros. O miradoiro está nun alto desde o que se pode contemplar unha boa parte da provincia de Ourense.
Non o perdas!
O Concello de Xunqueira de Espadanedo ofrece visitas guiadas ao mosteiro de Santa María e ao Museo de Olería de Niñodaguia (recomendable reserva previa aquí)
MIRADOIRO CAMPO DO EIRADO
Accesibilidade

