Audioguía


Galería
Miradoiro de Sernande

Dende o miradoiro divísase a Illa de Maiorga, unha elevación do terreo cuberta de vexetación que quedou totalmente rodeada polas augas do río Miño a consecuencia da construción do encoro dos Peares.
Ademais, na beira oposta podemos ver a aldea abandonada e recentemente rehabilitada de A Míllara, e os viñedos e oliveiras que a rodean.