Audioguía
Galería
Miradoiro de Vilouxe
Nos límites co Concello de Parada de Sil atópase o lugar de Vilouxe. Debe deixarse o coche na entrada da aldea, nunha explanada xunto a capela, e desde aí atravesar a aldea e acceder ao miradoiro, posiblemente, máis impactante de cantos miran ao Canón do Sil; en total uns 800 metros.
Trátase dun miradoiro natural, sen ningunha intervención, polo que se recomenda achegarse con coidado a calquera dos dous puntos desde onde se pode divisar a imaxe máis icónica do Sil en Ribeira Sacra: : o meandro coñecido como Coto das Boedas, impresionante mole granítica de máis de 700 metros de altitude que cae vertical ao río nun desnivel que supera os 400 metros.
Miradoiro de Vilouxe
Información e contacto
Vilouxe
Nogueira de Ramuín
Ourense