Galería
Galería

Miradorio do Xabrega

Miradoiros

A unha altura de 319 metros, nun pequeno montículo onde resisten os restos dun asentamento castrexo, instalouse un miradoiro para poder observar a marabillosa vista que forma o Canón do Sil.

Desde este pódese apreciar o gran val onde se embalsan as augas do Encoro de Santo Estevo. Accédese a el mediante unhas escaleiras con diversos motivos e gravados contemporáneos relacionados co castro de Xabrega, situado moi próximo ao miradoiro.

 

A rede de miradoiros do concello de Sober, entre os que se atopa este, obtivo o selo de Calidade Turística de España (ICTE). Soamente cinco espazos públicos deste tipo, en todo o Estado, obtiveron esta distinción ata o ano 2021.

Miradoiro do Xábrega

Información e contacto

Enderezo

Sober

Lugo

Equipamento e servizos

Aparcamento

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar