Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Miradoiro de Pé do Home

Miradoiros

O miradoiro conta con vistas aos últimos metros do Sil antes da central hidroeléctrica de Santo Estevo, nunha paisaxe agreste de gran beleza.

Á dereita deste miradoiro atopámonos cunha gran alvariza; unha antiga construción que servía para protexer as colmeas dos osos. 

Para chegar a este miradoiro é preciso camiñar. O miradoiro ten dous accesos a través de sendeiros: 

  • Desde a aldea de Alberguería (Nogueira de Ramuín), a través do sendeiro que comeza ao pé do cemiterio parroquial. Este miradoiro dista aproximadamente 1,5 km do inicio do carreiro. Esta vía de acceso é a máis longa, aínda que a máis recomendable. 
  • Mediante a estrada que une a aldea de Loureiro (Nogueira deRamuín) co embarcadoiro de Santo Estevo. No punto quilométrico 2,4 iníciase un carreiro de aproximadamente 1 km que conduce ao miradoiro de Pena do Pobre e desde aí segue ascendendo ata  Pé do Home. O carreiro conta cun desnivel ascendente considerable.

Miradoiro Pé do Home

Información e contacto

Enderezo

Nogueira de Ramuín

32160 Ourense

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar