Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Miradoiro de Penedo do Garabullo

Miradoiros

Non se trata dun miradoiro construído, senón dunha formación natural, polo que é preciso tomar as precaucións necesarias.

O camiño, unha vez que chegamos ao Penedo, multiplícase en varios pequenos camiños que nos levan a distintos puntos e que nos permiten ver distintas perspectivas da contorna, que inclúe ao pé do Penedo o regato e fervenza de Fondós e a súa desembocadura no Miño, e detrás deste os cumes de Cotarelo (469 metros) e Voutureira (633 metros). Na beira contraria do Miño veremos o Castro de Marce, que nos esconde detrás del a fervenza de Augacaída.

 

Miradoiro de Penedo do Garabullo

Información e contacto

Enderezo

Airoá

Carballedo

Lugo

Equipamento e servizos

De balde
Cómo chegar Cómo chegar