Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Igrexa e ruinas do mosteiro de San Xoán de Camba

Mosterios Igrexas/Capelas

Durante longo tempo foi unha importante abadía e Real Mosteiro dúplice, cunha comunidade de homes e outra de mulleres. A súa fundación no século X foi obra de Diego I, bispo de Ourense.

Desta primitiva construción visigótica só se conservan tres pezas: unha xanela xerminada e dous relevos dos séculos X e XI (unha adoración e unha flaxelación), gardados no Museo Arqueolóxico de Ourense.

A igrexa actual, bastante máis recente, atesoura algunhas pezas artísticas de gran valor. A súa gran torre data de 1779, pero conta cunha sancristía subterránea sen dúbida máis antiga. Aquí apareceron varios sartegos antropoides con moedas de Constantino o Grande (século IV) no seu interior, o que dá conta dos séculos de historia neste lugar.

San Xoán de Camba

Información e contacto

Enderezo

Camba

Castro Caldelas

Ourense

Horario
O interior da igrexa está pechado, só se pode acceder contratando visita con guías oficiais.

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar