Galería
Galería

Mural "Fillas dunha xacia"

Murais

Este mural está baseado nunha lenda da zona da Ribeira Sacra que está recollida no libro "Reseña histórico-descritiva da parroquia de Vilar de Ortelle e a súa comarca" de Ramón Castro López (1929) reeditado no ano 2000. 

 

Conta que un home namorouse da beleza dunha xacia e esta díxolle que si a bautizaba convertiríase en humana e casaría con él. Tiveron varios fillos e fillas, e a todos lles encantaba bañarse en calqueira lugar, acto que unha vez lle reprochou seu pai dicíndille: Marchade de eiquí, fillos dunha xacia!". Isto orixinou unha gran discusión que rematou coa esposa fuxindo da casa e retornando ao seu fogar no río, e cando o marido foi na súa búsqueda descubriu que os xacios a mataran e descuartizarán por haberse bautizado.  

Obra e texto de Miguel Peralta e Xoana Almar (Cestola na Cachola). Ferreira de Pantón (Lugo). 2015. Dentro do proxecto "Un toque de cor en Ribeira Sacra"

Mural Fillas dunha xacia

Información e contacto

Enderezo

Colexio Público Monte Baliño

Pantón

Lugo

Equipamento e servizos

De balde
Aparcamento

Accesibilidade

Mobilidade reducida
En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar