
Galería
Mural "Homenaxe á muller labrega"

Máis que merecida homenaxe a todas esas mulleres que co seu duro traballo criaron as familias, cultivaron o agro, coidaron das casas e conseguiron saír adiante.
Representa a unha muller maior vestida ao estilo tradicional e nas súas roupas poden verse dúas escenas do seu traballo, e nas mans agarra un carballo, símbolo do concello.
Mural realizado por Abraham Caride (Abrah) dentro do proxecto “Un toque de cor en Ribeira Sacra”.
Mural Homenaxe á muller labrega
Información e contacto

Praza Víctor Portomeñe (A Barrela)
Carballedo
Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade


