Mural "Músicos Tradicionais"

Murais

O mural localízase nun alpendre no Paseo de Samugueiros, na Pobra do Brollón.

Sobre unha base de bloque e ladrillo, o autor representa distintas accións musicais relacionadas coa música tradicional e en consonancia co festival deste estilo celebrado na vila en outono. 

Na obra aparecen representados tres instrumentos tradicionais: a zanfona, a pandeireta e a gaita.

Obra realizada por Mon Devane en 2022, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.

Información e contacto

Enderezo

Paseo de Samugueiros

A Pobra do Brollón

27330 Lugo

Equipamento e servizos

De balde
Cafeterías
Área infantil

Accesibilidade

En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar