
Centro Museográfico de Instrumentos de Música de Raíz

Situado na localidade da Seara, no territorio das Montañas do Courel, provincia de Lugo. Esta colección museográfica reúne máis de 1.200 instrumentos musicais tradicionais recompilados polo músico e investigador Xavier Blanco
O centro está establecido nunha vivenda rehabilitada de carácter tradicional en Seara, Quiroga. Nel atópanse numerosos instrumentos tradicionais recuperados por Xavier Blanco, que ademais da súa profesión como músico, dedicouse á recuperación e restauración destes, tales como a gaita de cana de Moaña ou a zanfona diatónica.
Ademais, o centro non se limita a ser un lugar meramente expositivo, pois os instrumentos non permanecen ocultos detrás de vitrinas, senón que pretende mostrar como se tocan e soan cada un deles, facendo aos visitantes partícipes desta experiencia en cada unha das súas salas temáticas. Cada visita é unha viaxe que conecta co pasado e coa identidade cultural galega dunha forma accesible e enriquecedora, ideal para todos os públicos.
Museo de Instrumentos de Música de Raíz
Información e contacto

A Seara
Quiroga
27328 Lugo

