Galería
Galería

17º Ribeira Sacra Festival

O Festival 17° Ribeira Sacra celebra a súa segunda edición e amplía a programación a dúas fins de semana: 17° PAISAXE, do 27 ao 29 de xullo de 2018, e 17º PATRIMONIO, 4 e 5 de agosto.

 

Regresa unha das citas musicais máis exclusivas do calendario estival que ten lugar nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra, considerada un dos secretos mellor gardados da Galicia interior.

Tras o éxito da primeira edición, o Festival 17° Ribeira Sacra medra en 2018 con máis días, máis música, máis actividades e novos escenarios vinculados á riqueza natural e patrimonial do horizonte galego. O seu programa reunirá de novo concertos na natureza, catas de viños, directos en catamaráns e bodegas, visitas guiadas, roteiros, cociña de autor e moitas outras sorpresas.


MÁIS INFORMACIÓN E VENDA DE ENTRADAS: 

https://festivalribeirasacra.com/gl/

info@festivalribeirasacra.com

17º RIBEIRA SACRA FESTIVAL

Ver máis...