Feira do Viño de Chantada 2025
A Feira do Viño de Chantada, a máis temperá das citas co mundo do viño en Ribeira Sacra, chega á súa 42ª edición e faino nun ambiente festivo no que non faltará o bo viño, a música e as actividades completarias para os máis pequenos ou profesionais do mundo vinícola. Será do 7 ao 9 de marzo, na Praza de Galicia.
Programa XLII Feira do Viño de Chantada
Venres 07 de marzo
- 20:00 h. Apertura de stands das adegas participantes.
- 23:30 h. Grupo América.
Sábado, 08 de marzo
- 10:00 h. Cata oficial da XLII Feira do Viño de Chantada no Auditorio Municipal.
- 11:30 h. “Searas” actuación.
- 12:00 h. Lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller na carpa principal.
- 12:10 h. Agrupación tradicional da Casa da Música, actuación.
- 13:00 h. Concerto da Banda de Música de Chantada.
- 17:00 h. Actuacións charanga “Union Phenosa”, “Festicultores Troupe”, “Searas”.
- De 17:30 h a 19:00 h. IX Cata Popular na carpa principal. Prezo 5€
- De 21:30 a 3:30h. Orquestra Trebol e Orquestra Solara.
Domingo, 9 de marzo
- 11:30 h. Gaiteiros “Os Barrios”.
- 12:00 h. Charanga “NBA”.
- 12:30 h. Banda de gaitas do Concello de Chantada.
- 13:00 h. Pregón da XLII Feira do Viño a cargo de D. José Luis Blanco Diéguez.
- 13:30 h. Entrega de premios da XLII Feira do Viño de Chantada no palco da carpa principal.
- 16:30 h. Charanga “NBA”.
- 16:30 h. Charanga “Bicoia”.
- 21:00 h. Orquestra Compostela.
Más información: Concello de Chantada; Oficina de Turismo de Chantada