Galería
Galería

51 Rallye Ourense Termal (2018)

Un ano máis, Ribeira Sacra será protagonista durante o Rallye Ourense Termal, unha das probas de motor referente a nivel nacional.

A Escudería Ourense organiza durante os próximos 7, 8 e 9 de xuño a 51 edición do Rallye Ourense Termal, quinta proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto. A carreira disputarase en dúas etapas, con 10 especiais cronometradas en 5 tramos diferentes, dos cales catro transcorren no noso destino. 

Aqueles asistentes a esta 51 edición terán a oportunidade de ver aos mellores pilotos do panorama nacional pelexando polos seus títulos nunha das probas máis bonitas do campionato. 

Atención tamén para aqueles visitantes que non asistan á proba, xa que as estradas por onde transcorre permanecerán pechadas ao tráfico nun horario determinado, polo que o acceso a determinados recursos turísticos verase limitado nas franxas horarias establecidas. 

Data: 7, 8 e 9 de xuño de 2018

Accesos tramos: 51  Rallye Ourense Termal en Google  Maps

Máis información: http://www.rallyeourense.es

51 RALLYE OURENSE TERMAL