Galería
Galería

XXVII Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón (2022)

A Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón regresa tras dous anos de inactividade, convertida en Festa de Interese Turístico de Galicia.

Ribeira Sacra, 25 de abril de 2022

Nesta edición participan 8 adegas. A apertura das casetas farase ás 12:45 h do sábado e 15 minutos despois será a inauguración por conta de Don Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo. 


PROGRAMACIÓN 2022

SÁBADO

13:15 Entrega de premios do VII Concurso Fotográfico Rede Ribeira Sacra – Viticultura Heroica con actuación da Batucada Aikirindo
14:30 IV Festa da Empanada no recinto do Castro. Reservas de empanadas en panaderías Chimpa (982456010) e Tarrazo (982456102). Reserva de mesa: 689157302
21:30 Concerto do Grupo A Roda
23:00 Música a cargo do Grupo Alcar
00:30 Actuación do grupo A Penúltima Sabinera (Tributo a Sabina)
 

DOMINGO

12:30 Recepción de autoridades no recinto feiral
13:00 Pregón da XXVII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo de Don José Mouriño Cuba,  exfuncionario do Estado da Xunta de Galicia, escritor e membro da Academia Galega de Gastronomía.
16:30 O folión Xograres de Lemos, acordeóns
19:00 Actuación da orquestra Solara

Nas dúas xornadas contarase con música durante todo o día, o sábado coas charangas Europa e Caliqueños e o domingo coas charangas Leña Verde e Unión Phenosa.

Contarase con servizo de autobuses que unirán a vila con Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao). As saídas desde Monforte de Lemos serán ás 13:00 e 19:30 e desde Escairón ás 13:45 e 20:15. Os regresos tanto a Monforte como a Escairón serán ás 2:00 e 3:00 da madrugada. 

 

Máis información: https://concellodepanton.es/ ; Oficina de Turismo de Pantón

MOSTRA DOS VIÑOS DE PANTÓN 2022