Andainas Outonizas en A Pobra do Brollón 2018

O concello de A Pobra do Brollón ven de presentar un novo programa de actividades para este outono. Trátase dun ciclo de Andainas no que cada ruta responde a unha temática diferente e está protagonizada polos propios veciños do concello. Eles son os encargados de recibir e guiar aos participantes das rutas ao mesmo tempo que narran as súas historias ou comparten os seus coñecementos connosco.

O Ciclo de  Andainas Outonizas celebrarase todos os domingos entre o 21 de outubro e o 2 de decembro. 

Como complemento, o concello organiza os sábados "Visitas Outonizas" á Cova das Choias e ao Castro de San Lourenzo. 

Teremos a visión poética de Olga  Novo en Vilarmao ou a da Memoria histórica da man de Xurxo Ayán na ruta de Inverno de Eirexalva, o coñecemento forestal de Felipe Castro na Ruta da Castaña e o Mel, a cultura vinícola con Puri de Vilachá, a visión persoal de Hortensia no San Vitoiro e o apego ao territorio de Noelia" apunta o alcalde, Xosé Lois Maceda.


PROGRAMA  ANDAINAS  OUTONIZADAS “Da man de...” 

  • 21 OUTUBRO:  Andaina de San Vitoiro, camiñando "Da man de" Hortensia, filla de Toño de A Teixeira. Finalizarase con un taquete no San Vitoiro.
      
  • 28 OUTUBRO: Ruta poética por Vilarmao, "Da man de" Olga Novo, escritora. Ao final haberá petiscos e festa en aíraa da Casa do Peixe.
     
  • 4 NOVEMBRO: Ruta da Castaña e o mel, "Da man de" Felipe Castro, axente forestal, que finalizará coa celebración dun magosto en Paramedela.
     
  • 11 NOVEMBRO:  Andaina O Inverno de  Eirexalva "Da man de" Xurxo Ayán, arqueólogo. Finalizarase cun taquete campestre.  
     
  • 18 NOVEMBRO: As Pegadas do tempo na Ferreirúa; "Da  man de" Noelia do Castor, para acabar cun taquete campestre.
     
  • 25 NOVEMBRO: Ruta Vilachá-Augasmestas, "Da man de" Puri de Vilachá. Esta andaina finalizarase cuns petiscos nas adegas de Vilachá.
     
  • 2 DECEMBRO: Camiño de Inverno: Lor-Castro de San Lourenzo. Para o punto e final a esta última  andaina celebrarase un xantar no restaurante Ou Fogón.


Todas as  andainas comezarán ás 10.00 da mañá. Teñen unha lonxitude máxima de 10 km. e un prezo de 5 euros. Para participar en cada unha das propostas é necesaria inscrición previa no teléfono 666 435 832.


Máis información: 

http://www.concellodapobradobrollon.gal/es/

secretaria@pobradobrollon.es

982 430 001 / 639 794 905 / 666 435 832


 

E en sábado, Visitas Guiadas Outonizas