Calendario Ribeira Sacra 2019

O 2018 foi un ano cheo de éxitos para Ribeira Sacra. Que nos deparará en 2019? 

Como cada ano por estas datas, publicamos o Calendario Ribeira Sacra. Con moita ilusión por descubrir que nos ten preparado o seguinte e coa nosa particular felicitación. 

Acompañado das postais de nadal gañadoras do VII Concurso Cáritas Monforte+ Ribeira Sacra, xa está dispoñible para descarga o calendario 2019 na ligazón inferior. 

[CALENDARIO RIBEIRA SACRA 2019]

Se desexan recibilo no seu domicilio, poden solicitalo enviándonos un correo electrónico a turismo@ribeirasacra.org

 

O Presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e o seu persoal deséxanlles unhas felices festas e un apaixonante ano 2019.