Chisca un ollo pola Ribeira Sacra Turexpo 2021

Queres un dos suculentos premios que sorteamos? Voos en globo, estancias en turismo rural, produtos de artesanía,... Achégache a Turexpo Galicia, en Silleda, entre o 3 e o 5 de setembro de 2021 e descobre como conseguilos...

GAÑADORES DO SORTEO

Tras o sorteo realizado o día 05/09/21, tal e como se detalla nas bases de participación, a relación de gañadores e premios é a seguinte:

  • Gloria Lareo Neira (@naturalazucarada) - 1 peza de artesanía tradicional.
  • Mª Bibiana Rey Martínez (@bibianareymartinez) - 1 peza de artesanía tradicional.
  • Iván Martínez Quintas - (@quintasivan) - 1 peza de artesanía tradicional.
  • Maite Vázquez Vázquez (@maitev2) - 1 estoxo de viño da D.O. Ribeira Sacra.
  • Araceli Orallo González (@araceliorallo) - 1 estoxo de de viño da D.O. Ribeira Sacra.
  • Ana Vanesa Rodeiro Cereijo (@vanessarodeiro) - 1 noite de aloxamento en establecemento de turismo rural.
  • Santiago del Río Limeres (@santi_dre) - 1 voo en globo.
  • Iratxe Fandiño Loureiro (@nabihechoamano) - 1 voo en globo.

 

Parabéns aos premiados! ; )

 

* Rectificación da listaxe de premiados: Procedeuse a modificar a listaxe, eliminando a unha das persoas participante, así como o premio adxudicado, debido a que na publicación non aparece etiquetaxe o perfil do Consorcio de Turismo Ribiera Sacra, polo que non se cumpren as bases establecidas. O usuario e correspondente premio adxudicado é:

 

  • Paula Fernández López (@ clubbaloncesto) - 1 noite de aloxamento en establecemento de turismo rural.


BASES LEGAIS PARTICIPACIÓN NO SORTEO "CHISCA UN OLLO POLA RIBEIRA SACRA"

Promotor do sorteo

  • Nome da entidade: Consorcio de Turismo Ribeira Sacra (CTRS)
  • Domicilio social: Praza de Galicia, 1 - 27500 Chantada - LUGO
  • Número de CIF: G27326131
  • Dirección de correo electrónico: turismo@ribeirasacra.org
  • Teléfono: 638 823 592

Datas da promoción

O prazo para o publicación de fotografías na plataforma social Instagram, abarca do 3 ao 5 de setembro de 2021 (ámbolos dous incluídos), coincidindo coa Feira Turexpo 2021. Dado o horario de apertura das instalacións, a promoción finalizará o domingo 5 ás 18:00 h., momento no que se fallarán os gañadores do sorteo.

Condicións da promoción

As persoas interesadas en participar terán que compartir na rede social Instagram unha fotografía utilizando os marcos habilitados con este propósito na caseta do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na feira.

As publicacións dos participantes, deberán ademais cumprir os seguintes requisitos:

- Realizarase unha mención ao perfil oficial do CTRS en Instagram (@ribeirasacract )

- Utilizarase o hashtag #chiscaunolloRS

No momento da realización da fotografía, cada participante ou usuario da rede social que comparta a imaxe, poderá solicitar unha papeleta que cumprimentará no momento e introducirá nunha urna habilitada.

Na devandita papeleta os participantes, ademais de aportar os seus datos persoais, aceptarán as cláusulas correspondentes de protección de datos e autorización para a publicación das imaxes en redes sociais e outros medios do CTRS se procede.

Con estas papeletas de participación, cada usuario poderá entrar no sorteo que se realizará o último día da promoción, comunicándose os premiados a través das redes do propio CTRS.

Cada persoa pode participar cunha única fotografía, polo que terá dereito a un único premio. Con todo, a fotografía pode ser utilizada e así mesmo compartida en diferentes perfís de usuario. Participar nesta promoción autoriza ao Consorcio de Turismo a publicar estas imaxes nas súas redes sociais e demais soportes dixitais propiedade da entidade.

As persoas participantes que envíen as fotografías son responsables de calquera reclamación que puidese xurdir por dereitos de imaxe ou autor.

Non se admitirá ningunha imaxe que se considere inadecuada, con contidos que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros.

Na papeleta que cumprimentará o usuario, declarará a maioría de idade a través da data de nacemento.

 

Data da promoción

O sorteo realizarase o día 5 de setembro de 2021 ás 18:00 horas na caseta do CTRS, no interior das instalacións do recinto feiral de Silleda utilizando a participación dunha persoa que actuará como “man inocente”.

Os premiados serán comunicados a través da publicación das fotografías participantes e os nomes dos titulares das mesmas. Así mesmo poderá contactarse cos gañadores a través través de teléfono ou correo electrónico.

Tamén lembraremos a data e publicaremos a hora do sorteo nas redes do CTRS.

Haberá un máximo de 9 gañadores que recibirán un dos premios dispoñibles de forma aleatoria.

 

Premios

  • 2 voos en globo (Segundo dispoñibilidade).
  • 2 noites de aloxamento en establecemento de turismo rural en réxime de aloxamento e almorzo.
  • 2 estoxos de viño da D.O. Ribeira Sacra
  • 3 pezas de artesanía tradicional

En todos os casos, os premios están suxeitos a dispoñibilidade. Os premiados dispoñerán dun prazo de 30 días para elixir unha data de troco. O CTRS confirmará no prazo dunha semana a dispoñibilidade do mesmo. No caso de que non sexa posible, pedirán novas datas aos gañadores ata chegar a unha data de mutuo acordo e sempre dentro dos prazos establecidos en cada caso. Para os voos en globo, as datas quedarán suxeitas ao anuncio de tempada das empresas que estean a operar en Ribeira Sacra en 2021.

O CTRS non se responsabiliza do mal uso que poidan facer os gañadores dos seus premio.

 

Comunicación aos gañadores

Realizado o sorteo, publicarase a lista de gañadores nas apartado "NOTICIAS" da web turismo. ribeirasacra. org. Enviarase correo electrónico e/ou SMS ás persoas premiadas que haberán de aceptar o premio en resposta ao correo ou SMS no prazo de 48 horas desde a comunicación. Farase entrega dos premios mediante o envío dun bono a través de correo electrónico indicando como ha de procederse co troco do mesmo.

 

Protección de datos de carácter persoal

En aplicación do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, infórmase de que os datos persoais facilitados polos participantes serán recollidos coa finalidade de xestionar e desenvolver a súa participación no sorteo, respectando as medidas de seguridade que garantan un nivel de seguridade acorde ao risco segundo estime o seu titular e responsable do tratamento dos datos, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, con domicilio na efectos de contacto en Luintra, 3 - 32160 Nogueira de Ramuín (Ourense), e CIF G-27326131.

Os datos de carácter persoal obxecto do tratamento son o nome, apelidos, correo electrónico e número de teléfono. En caso de resultar gañador, solicitaranse tamén copia do DNI.

Os datos proporcionados polos participantes conservaranse durante o tempo necesario para o desenvolvemento do sorteo e non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal.

En todo momento, os participantes poderán exercer os dereitos de acceso aos seus datos persoais, rectificación, supresión, oposición ao tratamento, portabilidade e limitación do tratamento, enviando unha comunicación escrita a turismo@ribeirasacra.org

 

Aceptación da bases

Os usuarios aceptan as bases desta promoción polo propio feito de participar mediante o envío dun ou máis vídeos.

 

Contacto

Os participantes (ou persoas interesadas en participar) poderán contactar co CTRS preferiblemente a través do correo turismo@ribeirasacra.org para calquera aclaración ou reclamación.