COMPETITIVIDADE 4.0: RIBEIRA SACRA
Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, queremos convidarvos a formar parte activa do proxecto "Competitividade 4.0: Ribeira Sacra", unha iniciativa dentro do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra.
Este proxecto ten como obxectivo impartir accións formativas especializadas e aliñadas coa realidade da contorna, en base á identificación previa das necesidades formativas do sector turístico local. Para iso, é fundamental contar coa vosa participación.
Como podedes colaborar?
- Enchendo un breve cuestionario de menos de 4 minutos, que nos axudará a recoller información sobre a situación actual do sector na Ribeira Sacra.
Pincha nesta ligazón para acceder ao cuestionario. - Asistindo á xornada presencial de presentación do proxecto, que terá lugar en:
- Data: Luns 5 de maio de 2025.
- Lugar: Parador de Monforte de Lemos (salón de Lemos)
- Hora: 12:00 horas.
Nesta sesión presentaremos en detalle o proxecto, e darase a coñecer o calendario de charlas de interese que se desenvolverán ao longo do mes de maio e principios de xuño. Tamén informaremos sobre os cursos formativos que se abrirán en xuño, resultado do estudo realizado.
En total, ofreceranse 2 cursos de formación gratuíta, deseñados especificamente segundo as necesidades detectadas neste diagnóstico. Estas accións están dirixidas a empresas, profesionais e persoas emprendedoras do sector turístico da Ribeira Sacra.
A vosa colaboración é fundamental para asegurar que os resultados do proxecto e a formación posterior respondan á realidade do territorio.
Agradecemos de antemán o voso interese e animámosvos a participar activamente neste proceso de mellora colectiva da competitividade turística da nosa terra.