
Galería
Corte das vías en O Pereiro de Aguiar. Volta Ciclista o Gran Camiño
O venres 28 de febreiro 2025, celébrase na provincia de Ourense, a terceira etapa da Volta Ciclista O Gran Camiño.
Esta fase consistirá nunha etapa contrarreloxo de 15,5 km. O seu comezo será na Ponte Romana de Ourense e finalizará na Praza do Concello de Pereiro de Aguiar.
ZONAS AFECTADAS POLO PERCORRIDO:
Sabadelle, Vilaboa, San Benito, Tapada de Bouzas, Ben Cho Shey e Pereiro de Aguiar.
As vías principais afectadas serán:
- N-120, OU-506, OU-507 e OU 508
Ademais, tamén haberá repercusións en:
- Vilariño, coa estrada N120a cortada en Velle á altura do cruce cara a Sabadelle.
- As Armadas.
- Lagozos e o Punto Limpo do Pereiro.
- Cortiñas.
- Parada e Xubande.
- Cebreiros.
O tráfico vaise ver condicionado dende aproximadamente ás 13:00 horas ata ás 17:30 horas.
Máis información aquí