
Cume Tapas 2018 (2018)
Organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), o "Cume Tapas" chega á súa décima edición en 2018.
O certame gastronómico comezará o próximo 26 de maio e estará vixente ata o 10 de xuño. Unha vintena de establecementos adheridos mostrarán as súas creacións que poderán ser votadas como a mellor tapa.
Entre as novidades desta edición destaca o petisco infantil, pensado para o máis pequenos. Ademais, aqueles clientes que completen o circuíto de tapas poderán entrar no sorteo dunha viaxe ao Museo Jurásico de Asturias, situado entre as localidades de Colunga e Lastres, e de dous cofres-regalo a nivel nacional para dúas persoas. Os cupóns para participar no certame poden adquirirse nos locais participantes.
Data: do 26/05/2018 ao 10/06/2018.
Lugar: establecementos adheridos
Ligazóns de interese: Cume Tapas e APEHL