Curso de Baños de Bosque

O Turismo de Benestar e de Crecemento Persoal é unha tendencia que cada día ten aglutina mior número de seguidores. Para dar resposta a esta nova inquedanza e promover un tipo de turismo de calidade que achegue valor, tanto ao xeodestino, como ás persoas que a visiten, dende o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra apostamos pola dinamización de accións neste sentido.

Na nosa sociedade cada día hai máis preocupación con todo o que ten que ver coa calidade de vida e o benestar. Tal e como demostran os libros e publicacións máis vendidos sobre esta temática, as procuras na internet, redes sociais, centros de ioga,  mindfulness...crece o interese cara o ámbito emocional e espiritual, froito dunha necesidade que se dá en todos os estratos da nosa sociedade.

A Natureza, relacionada co ámbito do benestar, é un segmento no que hai moita demanda e interese, especialmente os retiros de  mindfulness, ioga ou os Baños de Bosque. Estes últimos empezáronse a practicar en Xapón, onde reciben o nome de  Shinrin- Yoku. Só neste país, xa teñen uns catro millóns de usuarios cada ano. Desde que se iniciou a súa práctica, o goberno xaponés ten destinados millóns de dólares para estudar os seus efectos saudables. Actualmente hai dispoñibles numeroso estudos, non soamente en Xapón, senón tamén de universidades e hospitais de EEUU e europeos. É unha evidencia científica, xa que todos estes estudos chegan ás mesmas conclusións: pasar de vinte minutos a dúas horas nun bosque, reduce a tensión e a ansiedade en máis dun cincuenta por cento, así como o azucre no sangue e o ritmo cardíaco estabilízase.

Nos bosques atopamos unha serie de substancias volátiles, chamadas  Fitoncidas, así como bacterias que son altamente beneficiosas para o noso organismo, especialmente para o noso sistema  inmunolóxico. Ademais, os seus sons e os seus silencios tamén son un valor moi a ter en conta á hora de realizar actividades que acheguen benestar e descanso.

Debido a estes elementos tan importantes para a nosa saúde, os Baños de Bosque están a converterse nunha tendencia en alza en Europa, e entra con forza no noso país. Non é de estrañar, pois, que cada vez haxa máis xente que durante as súas vacacións aproveite para vivir estas experiencias en destinos diferentes. Este tipo de viaxes, baseados no benestar e transformación persoal, reciben o nome de  Mindful Travel. Segundo datos de  Ostelea e do Global  Wellness  Institute, esta tipoloxía turística creceu máis dun corenta por cento desde 2014, e seguirá a facelo nos próximos anos, xa que é un turismo que dá resposta ás necesidades actuais da sociedade de facer fronte á tensión e promover hábitos saudables.

Así ben, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Asociación Ribeira Sacra Rural decidiron crear un curso dirixido a empresarios turísticos e persoas que queiran aprender a deseñar e realizar baños de bosque para grupos. O curso empezará o mércores 2 de outubro pola mañá, cunha sesión para os empresarios onde se falará e experimentará con actividades de benestar, e a súa importancia á hora de ofrecelas como recurso turístico. Acabaremos o venres 4  explicando como facer un baño de bosque, o seu deseño e implementación. O curso tamén se dirixirá a desenvolver ferramentas e capacidades, como a creatividade e a atención plena, xa que ambas son moi importantes para crear actividades singulares e creativas, e así achegar valor ao territorio da Ribeira Sacra.

O curso será impartido por Edgar  Tarrés, especializado na creación de experiencias  e consultor  Mindful Travel. Dirixe o posgrao Turismo e Espiritualidade da Fundación Universidade de Xirona, e é profesor de  Mindfulness, Creatividade, Benestar e Felicidade na Universidade de Xirona e a UNED/UNED de Pontevedra, a través da súa empresa  MINDFULKIT.

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS:

As persoas interesas en inscribirse, poden  pre-reservar a súa praza enviando correo a turismo@ribeirasacra.org ou chamar ao 638 823 592

Nª prazas: 20

Duración: 25 horas (de 10:00 a 14:00  h e de 16:00 a 20:00  h; de 14:00 a 16:00 horas servirase o xantar)

Localización: A Casa dás Árbores (Chantada) e outros espazos de bosque de Ribeira Sacra.

Prezo: 30 €. A parte formativa do curso está financiada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra no marco do convenio asinado coa  Axencia Turismo de Galicia. O prezo destinarase a  pagar parte do servizo de cátering para as pausas-café e xantares.