Feira do Viño de Amandi 2026

Arrinca o Mes do Amandi, a programación previa á Feira do Viño de Amandi: concertos, presentacións de libros, probas deportivas, catas, maridaxes e xornadas técnicas. Un adianto perfecto para ir abrindo boca antes da fin de semana grande desta festa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Aquí podes consultar a programación da fin de semana principal e, ao final da páxina, a do mes ao completo.

Ribeira Sacra, 2 de marzo de 2026

PROGRAMA FERIA DEL VINO DE AMANDI 2026

 Venres, 27 de marzo

19:30 h: Inauguración a cargo da ADEGA PETRóN de Doade, en lembranza de EPIFANIO CAMPO.
21:30 h: Actuación de FESTICULTORES TROUPE.
23:30 h: Actuación de MONOULIOUS DOP


 Sábado, 28 de marzo

11:00 h: Apertura de stands.
11:30 h: Actuación dun GRUPO DE MUSICA TRADICIONAL, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
12:30 h: Actuación da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
17:00 h: Comezo da Precata Oficial.
18:30 h: Actuación da Charanga BANDIÑOS BAND
20:00 h: Actuación de LOUBAND.
22:00 h: Actuación de ORQUESTRA BRAVÚ XANGAI
23:30 h: Actuación de GIN TONI’S.


 Domingo, 29 de marzo

10:45 h: Actuación da Charanga NBA.
11:00 h: Pasarrúas coa BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
11:30 h: Comezo da Cata Final Oficial.
11:30 h: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
12:00 h: Animación cunha selección de TUNAS de MADRID.
12:30 h: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
13:00 h: PREGÓN a cargo do chef Estrella Michelin RAFA CENTENO do Restaurante VÉRTIGO.
13:30 h: Entrega de Premios.
17:30 h: Actuación da Charanga NBA
19:30 h: Baile coa orquestra TANIA VEIRAS e OS CUMBIA POP.


PROGRAMA MES DE AMANDI 2026

Máis información: Concello de Sober; Oficina de Turismo de Sober