Galería
Galería

Feira do Viño de Chantada 2026

A Feira do Viño de Chantada, a máis madrugadora das citas co mundo do viño en Ribeira Sacra, acada a súa 43ª edición e volve encher de ambiente festivo a Praza de Galicia. Do 6 ao 8 de marzo, o programa combina a degustación dos viños participantes con música en directo e propostas pensadas tanto para o público familiar como para profesionais do sector.

Máis información: Concello de Chantada; Oficina de Turismo de Chantada

Ribeira Sacra, 26 de febreiro de 2026

PROGRAMA FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA 2026

 

 Venres, 6 de marzo

20:00h. Apertura de stands das adegas participantes.
20:30h. Agrupación Tradicional da Casa da Música.
23:30h. Grupo Asia.

Peche dos stands: 2:30 h.
Horarios aproximados.


 Sábado, 7 de marzo 

10:00h. Cata oficial da XLIII Feira do Viño de Chantada.
11:30h. “Searas” “Os Barrios”.
15:00h. Concerto da Banda de Música de Chantada.
17:00h. Charanga “Union Phenosa” / “Charanga” Louband.

12:00 a 14:00 h. / 17:00 a 19:00 h. X Cata Popular no Auditorio (Nova ubicación).

De 21:30 h. a 05:30 h.

  • Orquestra Compostela.

  • Orquestra Solara.

Peche dos stands: 3:30 h.
Horarios aproximados.


 Domingo, 8 de marzo

11:30h. “Agrupación Castro Candaz”.
12:00h. Charanga “NBA”.
12:30h. Banda de Gaitas do Concello de Chantada.
12:50h. Lectura do Manifesto 8M.
13:00h. Pregón da XLIII Feira do Viño a cargo de “D. Roberto Vilar”.
13:30h. Entrega de premios da XLIII Feira do Viño de Chantada.
16:30h. Charanga “NBA”, Charanga “Bandiños Band”.
21:00h. Orquestra Saudade.

Peche dos stands: 00:30 h.
Horarios aproximados.

--

Obradoiros e ocioteca infantís
A cargo de Veláisca (para maiores de 3 anos) – Casa da Música
Sábado: de 12:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.

VI Túnel do Viño de Chantada (para profesionais do sector)
Sala principal do Auditorio Municipal – Entrada: 10,00 €
Sábado: de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:00 h.
Domingo: de 12:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Domingo: de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:00 h.

FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA 2026