Feira do Viño de Quiroga 2018

Certame de exaltación dos viños desta terra que ten lugar durante o sábado e domingo de Pascua.

A feira do viño de Quiroga convértese cada ano nun excelente escaparate da produción vitivinícola da Ribeira Sacra. Desde hai máis de 30 anos o Concello de Quiroga organiza unha exaltación dos seus afamados caldos na que participan aqueles colleiteiros que elaboran os seus viños aínda dunha forma artesanal. Os postos de venda e mostra instálanse nun tramo da Rúa Real, acompañados por puntos de venda de todo tipo de produtos típicos artesanais da zona: mel, aceite, augardente, licores, castañas secas, etc.

Milleiros de visitantes achéganse a Quiroga para gozar dos seus viños e poder asistir á propia celebración e ás numerosas actividades paralelas que se organizan, como exposicións, carreira popular, concertos, alboradas…

Co tempo converteuse nunha das feiras máis importantes da zona, xunto coas de Amandi e Chantada.

Máis información aquí.