Feira do Viño e das Cereixas de Belesar 2018

O primeiro fin de semana de xuño, Belesar celebrará a  XIII Feira do Viño e as Cereixas, unha cita preciosa nunha contorna única. Nesta edición os participantes son Adega  do Fortes, Adega  Bendao, Asociación Papeiros e  Rabudos e  Adegas Condado de  Sequeiras. Ademais, haberá actuacións musicais, postos de olería, queixo, mel e artesanía e, por suposto, cereixas!

PROGRAMACIÓN 2018

Sábado, 2 de xuño

10:00 h: Apertura de stands

11:00 h: actuación do grupo "Os  Trespés". 

12:00 h: inauguración oficial da feira. 

13:30 h: pregón a cargo da xornalista Manola Porto e entrega de galardóns aos confrades do bo viño de Belesar. 

20:00 h: festa-verbena co grupo musical " Meritxell" de Monforte de Lemos. 

Domingo, 3 de xuño

11:30 h: actuación do grupo rexional de gaitas "Río Miño". 

13:00 h: sesión vermú co grupo " Meritxell" de Monforte de Lemos. 

17:30 h: certame de " aturuxos" (Papeiros e  Rabudos)

20:00 h: festa -verbena co grupo " Meritxell" de Monforte de Lemos. 

 

MÁIS INFORMACIÓN 

Concello de Chantada: http://www.concellodechantada.org/

Concello do Saviñao: http://www.concellodosavinao.com/