
Feira Medieval de Monforte de Lemos 2018
O evento, que este ano celebra a súa 16ª edición, é unha das citas imprescindibles da Semana Santa.
Con case 120 postos e diferentes espectáculos ao longo da fin de semana, a Feira Medieval de Monforte celebra este ano a súa 16ª edición. Terá lugar durante as xornadas do 31 de marzo e 1 de abril.
Un ambiente festivo no que todas as rúas e establecementos da cidade se trasladan á época do medievo. Xograres, trovadores, xustas medievais, demostracións de cetrería e un sinfín de animacións e actividades invaden o casco histórico da vila durante a fin de semana.
Ademais, e como unha das novidades na edición de este ano, destaca o espectáculo Refundación, unha conmemoración ao momento no que os Reis de España concederon aos señores de Lemos o título de cidade e tamén a posibilidade da celebración de feiras e mercados, alá polo ano 1104.
Máis información: Concello de Monforte de Lemos