
Galería
Feira do Viño de Chantada 2023
A Feira do Viño de Chantada, a máis temperá das citas co mundo do viño en Ribeira Sacra, chega á súa 40ª edición e faino nun ambiente festivo no que non faltará o bo viño, a música e as actividades completarias para os máis pequenos ou profesionais do mundo vinícola. Será do 10 ao 12 de marzo, na Praza de Galicia.
Ribeira Sacra, 27 de febreiro de 2023
PROGRAMACIÓN 2023
Venres, 10 de marzo
- 20:00h - Apertura de Casetas das adegas participantes
- 20:30h - Cantos de taberna "Son de Outeiro"
- 23:30h - Actuación Grupo Claxxon
- 2:30h - Peche de Casetas
Sábado, 11 de marzo
- 11:00h - Actuación "Grupo de zanfoñas da Tradescola de Lugo"
- 12:00h - Actuación "Agrupación tradicional da Casa da Música" e presentación de grupo de baile tradicional "Cuarteto Albeiro Ardoa"
- 13:00h - Concerto Banda de Música de Chantada
- 17:00h- Actuación das charangas "Unión Phenosa", "Festicultores Troupe" e "Grupo de Zanfoñas da Tradescola de Lugo" e "Searas"
- 17:00 a 19:00 h - VII Cata Popular na Carpa Principal
- 21:30h - Actuación Orquestra Trebol
- 00:30 - Actuación Orquestra Saudade
- 2:30h - Peche de Casetas
Domingo, 12 marzo
- 10:30h - Cata Oficial da XL Feira do Viño de Chantada
- 11:00h - Actuación Gaiteiros "Os Barrios"
- 12:00h - Actuación Charanga "NBA"
- 12:30h - Actuación Banda de Gaitas do Concello
- de Chantada 13:00h - Pregón a cargo de D. Antonio López Díaz (reitor da USC)
- 15:00h - Entrega de premios da XL Feira do Viño de Chantada
- 16:30h - Actuación Charanga "NBA"
- 16:30h - Actuación Charanga "Louband"
- 21:00h - Actuación Orquestra Compostela
- 00:30h - Peche de casetas
OUTRAS ACTIVIDADES
Talleres e ocioteca infantís, a cargo de Velaísca (para maiores de 3 anos), na Casa da Música.
- Sábado e domingo: de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
III Túnel do Viño de Chantada, para profesionais do sector, na Sala Principal do Auditorio Municipal. Entrada: 10€
- Sábado e Domingo: de 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 horas.
Máis información: Concello de Chantada; Oficina de Turismo de Chantada