Galería
Galería

XVIII Festa da cereixa, do viño e o aceite de Ribas de Sil (2022)

Outra das celebracións emblemáticas de Ribeira Sacra volve a celebrarse tras dous anos de parón.

Ribeira Sacra, 27 de maio de 2022

Nesta edición, a Festa incorpora un novo produto gastrónomico, o viño, como recoñecemento ao crecente número de colleiteiros e adegueiros no concello de Ribas de Sil. Así, xuntaranse en Ribas de Sil tres dos manxares máis exquisitos de Ribeira Sacra: aceite, viño e cereixas. 

O evento terá lugar no entorno da Praia Fluvial de San Clodio, en Ribas de Sil, durante as xornadas do sábado 4 e domingo 5 de xuño. Ademáis, o Concello fará coincidir a celebración coa inauguración do Centro de Interpretación da Minería Aurífera (CIMAR), localizado á beira do Sil, xunto ao futuro xeocamping da vila, previsiblemente na xornada do sábado. O domingo, a lectura do pregón, estará a cargo da xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara. 

 

PROGRAMACIÓN 2022

Sábado, 4 de xuño

Mañá: apertura do recinto feiral. Degustación de cereixas.

18:00h. Na Aula de Pesca, apertura da exposición de pinturas a cargo dos alumnos da Escola Municipal. Xornada de pintura ao aire libre. 

19:00h. Inauguración do Centro de Interpretación da Minaría Aurífera (CIMAR). Visita guiada. 


Domingo, 5 de xuño

Mañá: apertura do recinto feiral. Degustación de cereixas e produtos típicos. Exposición de pintura na Aula de Pesca e apertura durante todo o día do CIMAR. Grabación do programa de Radio Monforte. 

11:00h. Pasarrúas da charanga "Os Caliqueños", de Celanova. 

12:00h. Actuación do Grupo de Gaitas e cantareiras "Falcatrueiros" de Monterroso. 

13:00h. Pregón a cargo de Alexandra Seara Sobrino, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 

13:30h. Actuación da charanga "Os Caliqueños". 

19:00h. Actuación dos grupos de baile, danza contemporánea, canto e pandeireta, gaitas e percusión "Falcatrueiros" de Monterroso. 

20:30h. Animación musical a cargo de Radio Monforte

Clausura da Festa. 

 

 

Máis información: http://www.concelloribasdesil.es

Festa da Cereixa, do viño e do aceite Ribas de Sil 2022