Galería
Galería

Festa do Augardente de Portomarín

Cada Domingo de Pascua, Portomarín celebra unha das súas festas con máis sona, a Festa da Augardente, que este ano chega á súa 47 edición.

Unha xornada na que os veciños e veciñas comparten parte da súa vida e tradicións con todos aqueles que se acheguen a esta festa.

Un dos eventos centrais da celebración é a reunión do Cabildo Xeral da Orde Serenísima da Alquitara, que como cada ano nomea aos Novos Cabaleiros e Damas, quen no seu compromiso como novos membros da Orde aceptan defender, divulgar e exaltar alí onde se atopen o augardente de Portomarín e a súa elaboración tradicional.

Actuacións musicais, a IV Carreira Popular e a VIII Degustación da Anguía completan o programa desta lonxeva festividade.

Máis información: Concello de Portomarín

PROGRAMA FESTA DA AUGARDENTE 2018