Festival As Cores do Outono 2018

O concello da Pobra do Brollón organiza a V edición do festival de música tradicional “As cores do outono”. A cita será  o sábado 22 de setembro.

A partir das 16.00 h. haberá Faladoiro con Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre, será na Casa da Cultura “Olga Novo” e a partir das 19.30 h. haberá actuación do circo clown, “Circo Chosco”.

Os concertos comezarán ás 21.00 h. na área recreativa Samugueiros, estarán presentados polo humorista, poeta e dramaturgo Lois Pérez e correrán por conta de Luar na Lubre e Searas os Carapaus.

 

Data: 22 setembro 2018

Lugar: Casa da Cultura "Olga Novo" e Área Recreativa de Samugueiros 

Máis información: Concello A Pobra do Brollón