Galería
Galería

Festival do viño de Ribeira Sacra de Monforte 2026

Música, gastronomía, VinoRutas e actividades destinadas a todos os públicos na quinta edición do Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte, que terá lugar do 3 ao 5 de xullo de 2026 no Paseo do Malecón de Monforte de Lemos.

Ribeira Sacra, 22 de xuño de 2026

Participarán no evento 27 adegas e 12 postos gastronómicos.

Horarios de apertura de stands:

Venres, 3 de xullo: de 19:00 a 01:00 horas.
Sábado, 4 de xullo: de 11:00 a 15:00 e de 19:00 a 01:00 horas.
Domingo, 5 de xullo: de 11:00 a 15:00 e de 19:00 a 00:00 horas.

--

RESERVAS PARA VIÑORUTAS E OBRADOIROS DE CATA:  621120560 ou festivalmonforte@gmail.com.

VIÑORUTAS

04/07 - 15:30 h. ViñoRuta do Sil: “Viñas que nacen do Sil”. Percorrido en catamarán e visita a 2 adegas.
05/07 - 9:30 h. ViñoRuta do Miño: “Entre o Miño e a vide”. Percorrido en zodiac, visita a adega e actividade en O Segredo do Monxe.

Prezo VinoRutas: 40 €/45 € persoa - Saídas desde o Parque dos Condes.

--

PROGRAMACIÓN 2026

Venres 3 de xullo

19:00 h. Apertura de stands.
20:30 h. Inauguración do Festival coa actuación de Xograres de Lemos e lectura do pregón a cargo do enxeñeiro agrónomo “Cuqui Silva”.
23:00 h. Concerto de A Roda.
01:00 h. Peche de stands.

Sábado 4 de xullo

11:00 h. Apertura de stands.
11:30 h. Obradoiro “A mesma linguaxe, distinta paisaxe”, dirixido pola sumiller Mariña Fernández Toro, membro da Asociación Galega de Sumilleres. Reservas no 621120560 ou en festivalmonforte@gmail.com.
13:30 h. Masterclass “Entre rochas e viñas: o esquisto na copa”, impartida por Jonas Tofterup, Master of Wine e fundador de Iberian Wine Academy. Reservas no 621120560 ou en festivalmonforte@gmail.com.
15:00 h. Peche de stands.
19:00 h. Apertura de stands.
23:00 h. Concerto de Galifunk.
01:00 h. Peche de stands.

Domingo 5 de xullo

11:00 h. Apertura de stands.
11:30 h. Obradoiro “Unha cata, 5 sentidos”, impartido polo sumiller Suso Soneira. Reservas no 621 120 560 ou en festivalmonforte@gmail.com.
15:00 h. Peche de stands.
19:00 h. Apertura de stands
00:00 h. Clausura do Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte 2026.

Actividades infantís

O Festival contará novamente con programación específica para o público infantil, cun espazo acondicionado xunto ao río Cabe no que se desenvolverán contacontos, obradoiros, monicreques e actividades creativas.


MÁIS INFORMACIÓN:

Festival do viño de Ribeira Sacra de Monforte 2026